OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense incorpora tres vehículos dotados con mampara de seguridade

Serán utilizados, a través dun alugueiro, mentres o Concello completa a adquisición de 20 novos vehículos para o servizo municipal

Dous nos novos coches que utilizará a Policía Local de Ourense.

 

A Policía Local de Ourense dispón desde esta semana de 3 novos vehículos dotados con mampara de seguridade, que utilizará o corpo municipal de forma provisional ata que se complete a incorporación de 20 novos vehículos que tramita na actualidade o Concello para este servizo municipal.

Tal como informan dende o Concello, onte recibiron dous coches: un Ford e un Seat e esta tarde recibirase un terceiro, tamén Seat, dotados coas mamparas de seguridade, que se poñen á disposición da Policía Local a través dun contrato de alugueiro temporal. O Concello tramita na actualidade a incorporación doutros 20 vehículos: 6 a través de renting e 14 por compra, que prevé completar nun prazo de 2 meses.

 

Os novos vehículos dispoñen de mampara de seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button