OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense incorporará 18 novos axentes en prácticas o luns 31 de maio

Ese día iniciarán un período de formación ata o 31 de xaneiro de 2022 na academia galega, alternado con períodos de prácticas en Ourense, do 10 de xullo ao 5 de setembro e do 23 de decembro ao 31 de xaneiro

 

O vindeiro luns, 31 de maio, a Policía Local de Ourense incorporará 18 novos axentes que se suman ao corpo de seguridade municipal como funcionarios en prácticas.

Tal como adiantan dende o Concello ourensán, a Xunta de Galicia completou o proceso selectivo e designou ás persoas seleccionadas para o ingreso nas 18 prazas do corpo de Policía Local de Ourense por quenda de acceso libre, incluídas na oferta pública de emprego do Concello de Ourense 2020. As persoas que obtiveron a prazas achegaranse esta semana ao Concello para completar trámites administrativos e asinar a aceptación das súas prazas para iniciar, desde o luns, un período de prácticas na Academia Galega de Seguridade Pública, na localidade pontevedresa da Estrada.

A Policía Local de Ourense incorporará outros sete efectivos en breve, a través dunha convocatoria de prazas por mobilidade que se está a desenvolver na actualidade. A chegada dos 25 axentes suporá un incremento do 30% do número de axentes da Policía Local de Ourense, que actualmente conta con 86 profesionais.

Os 18 axentes iniciarán o luns 31 de maio un período de formación que se desenvolverá ata o 31 de xaneiro de 2022 na academia galega, alternado con períodos de prácticas na Policía Local de Ourense que se estenderán desde o 10 de xullo ata o 5 de setembro, e desde o 23 de decembro até o 31 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button