ConcellosÚltima hora

A Policía Local de Quiroga denunciará aos visitantes que se despracen a este municipio

Encargarase de investigar as matrículas de todos os vehículos que non sexan habituais do noso municipio, que se atopen estacionados de forma prolongada en todo o territorio da súa competencia"

Casa do Concello de Quiroga.

 

Dende o Concello de Quiroga continúan a tomarse medidas para evitar “en todo o posible a proliferación do coronavirus COVID-19”. E, neste senso, o seu alcalde, Julio Álvarez, anuncia que “a partir de agora a Policía Local encargarase de investigar as matrículas de todos os vehículos que non sexan habituais do noso municipio, que se atopen estacionados de forma prolongada en todo o territorio da súa competencia”.

Unha vez que os axentes da autoridade constaten que estes vehículos pertencen a persoas desprazadas que “non teñan en Quiroga a súa residencia habitual, sen causa que xustifique a súa presenza no concello, antes e despois do decreto de confinamento, serán denunciados por incumprir a normativa inherente ao estado de alarma decretado polo goberno”, informa o Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button