ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco denuncia a unha parella por maltrato animal

 

A Policía Local do Barco abría dilixencias na xornada do 7 de xuño ao dono dun vehículo e á súa compañeira por un delito de malos tratos de animal doméstico. Era un cidadán quen avisaba á Policía Local, aproximadamente ás 13:45 horas, de que se escoitaban ladridos e queixumes no maleteiro dun vehículo que se atopaba a pleno sol, no Campiño de Viloira.

Ata o lugar desprazábase un axente, quen confirmaba os feitos, e cando se ía a forzar o maleteiro do vehículo localizouse ao dono, quen, unha vez no lugar abría o maleteiro, no que había dous cachorros de Mastín nunha gaiola e presuntamente mortos. Trasladáronse rapidamente a unha clínica veterinaria do Barco, onde se confirmaba que estaba mortos.

Por este feito os responsables foron denunciados pola Policía Local perante o Xulgado de garda do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button