En portadaÚltima hora

A Policía Local do Barco detén a un home por “incumprir de forma reiterada” o confinamento

Dende que se decretou o estado de alarma xa acumulara 23 denuncias

A Policía Local do Barco facendo un control no centro da vila.

 

Na mañá deste venres 24 de abril a Policía Local do Barco de Valdeorras detiña a un varón de 33 anos residente na vila por “incumprir de forma reiterada o confinamento”. Tal como explican dende o Concello, dende que se decretou o estado de alarma o 14 de marzo, o xove (LCR) xa acumulara 23 denuncias -17 da Garda Civil e 6 Policía Local-, e hoxe ademais “discutiu cos axentes”.

O detido foi trasladado ao cuartel da Garda Civil para a súa posta a disposición xudicial.

 

Artigos relacionados

Back to top button