ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Policía Local do Barco honra ao seu patrón

A celebración do San Mauro incluíu procesión coa imaxe do santo, misa e aperitivo

Despois das intensas chuvias caídas nos últimos días, tranquilo e ata soleado amanecía o 15 de xaneiro, día de San Mauro. Unha data importante para O Barco de Valdeorras e moi especialmente para a Policía Local que ten no santo ao seu patrón.

A iniciativa nacía hai anos trala proposta de tres municipais: Ricardo Rodríguez Rivas, Antonio García Fernández e Javier García León (Careca) e dende entón, igual que hoxe, cada 15 de xaneiro os membros da Policía Local do Barco, vestidos de gala, sacan a imaxe do santo en procesión polas rúas do casco vello co acompañamento musical dos gaiteiros, para asistir despois á eucaristía na igrexa de San Mauro.

Trala celebración relixiosa e a foto de rigor, os policías, familiares, corporación municipal e convidados (entre eles membros da Garda Civil), compartiron un aperitivo na Tapería Al Natural, onde o inspector xefe, Arturo Rebollar, fixo un brinde “por San Mauro, pola Policía Local e polo Concello do Barco”.

Ademais dos municipais e dos convidados, moitos fieis do San Mauro seguiron os cultos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button