ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco incorpora un vehículo con etiqueta ambiental ECO

Trátase dun híbrido non enchufable, cun custo total de case que 40.000 euros

 

A Policía Local do Barco dispón dun novo vehículo, neste caso etiqueta Eco, para a realización de actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural. Trátase dun híbrido non enchufable, cun custo total de case que 40.000 euros, dos que case que 30.000 son aportados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, dentro das líñas de axuda establecidas no Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021.

Dentro desa orde, o Concello do Barco decidiu a adquisición dun vehículo novo, híbrido non enchufable, con etiqueta ambiental ECO e provisto de todo o equipamento policial preciso, así como o equipamento necesario para a realización de actuacións de proteción do medio ambiente e do espazo natural, tal e como se informa dende esta administración local.

O vehículo está rotulado e foi entregado coa ponte de luces de emerxencia establecidas pola normativa vixente, así como de emisora, balizas, soporte de señais de tráfico, soporte de ordenador e extintores.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button