ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Policía Local do Barco organiza unha exposición de obxectos perdidos no pavillón vello

Abríase na mañá deste sábado e tamén poderá visitarse pola tarde de 17h. a 20h. e mañá domingo de 10h. a 14h.

Dende gafas e prendas de roupa, pasando por multitude de chaves de coches ou de portas, de móbiles, cadeas e reloxos de ouro, unha bicicleta ou monopatín ou ata un dron. Son algúns dos diversos artigos que poden verse na exposición de obxectos perdidos que vén de organizar a Policía Local do Barco.

Abríase ao público na mañá deste sábado (22 de xuño) e tamén poderá visitarse pola tarde en horario de 17h. a 20h. e o domingo (23 de xuño) de 10h. a 14h. “Esta é a primeira vez que se organiza unha exposición deste tipo, é outro servizo máis da Policía aos seus veciños”, indican dende a Policía Local do Barco.

Nesta mostra hai obxectos que a Policía garda dende hai cinco anos e a idea é que as persoas que os perderon teñan a posibilidade de recuperalos seguindo unha serie de condicións que se explican alí mesmo. Deben demostrar que o obxecto en cuestión lles pertence presentando unha factura ou recibo de compra, idenficando o obxecto coas súas caractertísticas e o lugar onde pensa que o extraviou, unha fotografía ou no caso das chaves que presenten outras similares.

“O obxecto identificado e requerido polo seu presunto titular non será entregado ata que se fagan as comprobacións pertinentes”, matizan dende a Policía Local.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button