ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco puxo esta fin de semana 4 denuncias por non usar mascarilla e 1 por incumprir o horario de 23 a 6 horas

Os denunciados por non levar mascarilla faltaron ao respecto aos axentes, chegándolles a insultar e a increpar

A Policía Local do Barco facendo un control.

 

Malia a delicada situación sanitaria que se está a vivir, aínda hai xente que segue sen cumprir coas normas básicas de seguridade, especialemente coas referentes ao uso da mascarilla.

A este respecto a Policía Local do Barco de Valdeorras interpuxo esta fin de semana 4 denuncias ante a Subdelegación do Goberno, “xa que os denunciados por non usar a mascarilla (puxéronse 3 para tramitar ao Concello) faltaron ao respecto aos axentes, chegándolles a insultar e a increpar”, puntualizan dende a Policía, engadindo que ademais púxose outra denuncia ante a Subdelegación “por incumprir o horario de 23 a 6 horas”.

Dende a Policía Local aseguran que o labor policial está resultando complicado “pola actitude dalgúns cidadáns que non comprenden que a nosa función de avisar e informar tampouco é agradable para nós. Debería ser unha responsabilidade persoal de cada un”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button