En portadaÚltima hora

A Policía Local do Barco realiza labores de vixilancia na vila

 

Dentro do marco do estado de alarma vixente dende a pasada fin de semana a Policía Local do Barco está a realizar labores informativas e de control na vila. Unha mostra disto é un control que se montaba na estrada xeral que percorre a localidade neste mércores 18 de marzo.

“Ten un efecto disuasorio. Estamos intentando que a xente cumpra as normas e están observando a ver quen realmente anda en coche porque ten que andar e quen o fai porque está paseando, pero nun principio cun carácter informativo”, explica o alcalde do Barco, Alfredo García.

Primeira denuncia

O rexedor tamén destaca que a cidadanía en xeral está a respectar o estado da alarma e está cumprindo “porque se analizamos un pouco a situación da rúa o luns, o martes e hoxe pois vemos que cada día hai menos xente e creo que os cidadáns van asumindo que as cousas son así”. Aínda, así matiza que onte, martes, rexistrábase un pequeno incidente cunha persoa que non fixo caso da autoridade e a quen se lle cursou a correspondente denuncia ante a Subdelegación do Goberno.

Ademais Alfredo García insiste en que temos que “extremar as precaucións porque o tema é serio e non podemos baixar a garda baixo ningún concepto”.

Artigos relacionados

Back to top button