ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco reforzará un ano máis a seguridade no inicio de curso en Infantil e Primaria

No caso do Colexio Divina Pastora instalará un dispositivo especial xa que debido ás obras, os escolares deberán entrar ao colexio pola avenida da Deputación

Publicidade

 

Mañá, xoves 9 de setembro, comeza un novo curso escolar en Educación Infantil, Primaria e Especial e coma sempre, a Policía Local do Barco de Valdeorras estará presente nos catro colexios da vila (CEIP Otero Pedrayo, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán e CEIP Divina Pastora), reforzando a seguridade dos escolares ás horas de entrada e saída, aínda que neste último este ano instalará un dispositivo especial de tráfico debido ás obras que se están desenvolvendo na avenida do Bierzo.

Así, tal como avanzan dede a Policía Local, en canto ao acceso en vehículos, “o parking da avenida do Bierzo esta de momento inutilizado e aínda que se puidera utilizar, a pé non se podería ir polo que en horario escoalar sinalizaranse distintas rúas de tal xeito que se poderá aparcar na avenida Deputación e na rúa O Chao en ambas marxes. Serán de sentido único para facilitar estes aparcamentos e dende alí poderase acceder a pé ao colexio”, explican.

A Policía insiste que o máis imprtante é que “non se poderá acceder peonilmente ao colexio pola avenida do Bierzo, de ningún xeito”. Así que aínda que vaian por esta rúa que está en obras terán que dar a volta e dirixirse á avenida da Deputación, que será o itinerario principal para acceder o colexio, aínda que tamén se poderá ir pola rúa O Chao, especialmente aqueles que accedan dende a zona da urbanización La Cerámica.

Estas modificacións de tráfico manteranse mentras dure a entrada e saída do colexio e ata que a obra da avenida do Bierzo permita acceder con total seguridade aos alumnos.

Artigos relacionados

Back to top button