En portadaÚltima hora

A Policía Local do Barco rescata a unha anciá que se estaba afogando no Sil

Os axentes usaron a súa roupa para tapar á muller e evitar o risco de que sufrira unha hipotermia mentres chegaba a ambulancia do 061

Tramo do río Sil, ao seu paso polo Barco, próximo ao lugar onde se producía o suceso.

 

A primeira hora da mañá deste xoves 14 de maio a Policía Local do Barco salvaba de morrer afogada a unha muller de 73 anos cuxa identidade responde ás iniciais D.V.A., e que caeu ao río uns metros máis arriba da pasarela peonil que leva ao Salgueiral.

Os feitos se rexistraron arredor das 8:30 horas, cando se recibiu unha chamada telefónica dun veciño, que informaba da presenza dunha persoa de avanzada idade que se atopaba no cauce do río, boca abaixo, sendo arrastrada cara a forte corrente existente na zona da pasarela peonil.

Dous axentes de servizo nese momento e o oficial xefe se achegaron ata o lugar, entrando no río para sacar á anciá, “que foi atendida nun primeiro momento polos policías locais e por persoal sanitario fora de servizo que se atopaba nas inmediacións. Os axentes usaron a súa roupa para tapar á muller e evitar o risco de que sufrira unha hipotermia. En poucos momentos chegou unha ambulancia do 061, que trasladou a persoa afectada ata o Hospital Público de Valdeorras, onde foi atendida polo persoal médico”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button