En portadaÚltima horaVídeos

A Policía Local e os servizos de emerxencias do Barco homenaxean á cidadanía

 

Coincidindo do aplauso que cada día ás 20h. reúne dende as fiestras e terrazas do Barco a multitude de veciños, a Policía Local do Barco e os servizos de emerxencia (como o GES Valdeorras, Ambulancias Sil e Protección Civil)  veñen de rendirlle unha especial homenaxe á cidadanía polo seu “esforzo per nesta emerxencia sanitaria do coronavirus.

Partindo dende diferentes puntos da localidade (Viloira, Avda. do Bierzo e Eulogio Fernández), facían un emotivo percorrido que confluía na estrada xeral do Barco (avenida Conde Fenosa) no cruce coa rúa da Estación, para rematar o traxecto fronte á residencia da terceira idade, como mostra de apoio a este centro de maiores.

Vídeos de diferentes momentos do percorrido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button