A Policía Local, en colaboración con Aeva e co CCA, crea no Barco un grupo de whatsapp para comunicar alertas ante delitos

Búscase manter “unha fácil comunicación ao obxecto de comunicar alertas sobre posibles intentos de hurtos, roubos, atracos…. nos establecementos”, explican a organizacións empresariais

Exterior da sede de AEVA e do Barco CCA./ Foto: A.R.

Nesta semana vén de poñerse en marcha dende a Policía Local do Barco, en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e co Centro Comercial Aberto (CCA), un grupo de whatsapp entre os comerciantes integrados nas citadas organizacións para manter “unha fácil comunicación ao obxecto de comunicar alertas sobre posibles intentos de hurtos, roubos, atracos…. nos establecementos”, segundo informan dende estas organizacións.

Trátase, por unha banda, de que a “Policía Local poida avisar con inmediatez aos comerciantes deste tipo de alertas, permitindo tamén que os negocios que detecten algún feito susceptible de alerta o advirtan á Policía Local, pero tamén axudar aos axentes a localizar aos posibles delincuentes”, aseguran dende Aeva.

A proposta tivo unha gran acollida entre os comerciantes e está previsto que poidan incorporarse a ela outros establecementos non integrados nas entidades promotoras.

A Policía Local de O Barco será a responsable do tratamento dos datos, e resérvase o dereito a dar de baixa do grupo a calquera persoa que utilice expresións e/ou actitudes discriminatorias, xenófobas ou racistas.

Vehículos da Policía Local do Barco.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies