OurenseÚltima horaVídeos

A Policía Nacional detén a 31 persoas, 18 delas en Ourense, nunha operación contra o tráfico de drogas

A investigación desenvolveuse en varias provincias galegas e de Castela e León

 

Un total de 31 persoas de ata 8 nacionalidades diferentes resultaban detidas no marco da denominada Operación “Neón”, realizada pola Policía Nacional en varias provincias galegas, así como de Castela e León. Os detidos foron imputados como presuntos responsables de delitos de tráfico de drogas e de pertenenza a grupo criminal.

Esta operación iniciábase nos últimos meses do ano 2018, cando os axentes centraron as súas pesquisas nun dos principais investigados, que rexentaba varios clubes de alterne próximos a Santiago. “Éste aproveitaba a relativa privacidade que aporta este tipo de negocios para presuntamente traficar coa venta de cocaína ao menudeo”, segundo informa a Policía Nacional.

A duración temporal desta operación, así como a súa complexidade, foi unha consecuencia directa do “modus operandi” utilizado polo principal investigado e que consistía, segundo informa a Policía Nacional, “en ganarse a confianza dun provedor determinado para que lle deixara a substancia estupefaciente de maneira fiada e xusto antes de que a débeda contraída co mesmo fora demasiado elevada, buscaba un novo provedor ao que realizarlle a mesma xogada“.

Este “modus operandi” facilitou que os axentes seguiran diferentes liñas de investigación, cada unha delas cunha rede de contactos independente e, por conseguinte, sen vinculación directa dunhas con outras, seguindo unha estrutura de tipo radial, que permitiu aos axentes identificar a presuntos provedores de cocaína en localidades como Sigüeiro (onde eran detidas 5 persoas, ingresando en prisión dous dos presuntos “cabecillas”), Santiago de Compostela (con 8 detidos, entre eles os 3 provedores distintos do investigado e xerente dun club de alterne, así como outro provedor veciño de Bandeira) e Ourense.

 

 

Liña de investigación de Ourense

As indagacións que se seguiron sobre outro dos provedores do investigado e xerente do club de alterne, permitiron desarticular unha importante rede dedicada á venda de substancias estupefacientes na cidade de Ourense.

“Durante a investigación puídose comprobar que a citada organización chegou a realizar contactos con Portugal, Marrocos e a cidade de Sevilla, chegando incluso a detectar que un dos seus cabecillas chegou a dirixir transaccións de cocaína desde a República Dominicana. O resultado en detencións desta liña de investigación saldouse co arresto de 18 persoas que compoñían dita organización, ingresando tres de delas en prisión”, segundo a Policía Nacional.

 

 

O desenvolvemento da operación “Neón”

A operación “Neón” desenvolveuse en 6 fases e nela os axentes da Comisaría de Santiago contaban coa colaboración de funcionarios pertencentes aos Grupos de Estupefacientes da Comisaría Provincial de Ourense e de León, así como da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

A investigación foi dirixida pola titular do Xulgado de Instrucción número 1 de Órdes, a cal decretou o ingreso en prisión de nove persoas, sendo estes os “cabecillas” dos tres grupos criminais mencionados, dun total de 31 detidos e tras realizar 25 rexistros domiciliarios.

Substancias e efectos intervidos

O total da droga intervida alcanza os 1.450 gramos de cocaína, 865 gramos de marihuana, 105 gramos de hachís, segundo a Policía Nacional.

De igual modo os axentes interviron máis de 42.000 euros en metálico, dous vehículos (un deles de alta gama), 20 básculas de precisión, 4 armas cortas, 305 cartuchos de armas cortas sen detonar, unha arma longa, una pistola eléctrica, 1 fusil de asalto simulado, 26 teléfonos intervidos, 23 balanzas de precisión, unha prensa hidráulica, 6 envasadoras ao baleiro, así como diversas armas brancas, puños americanos e dagas, entre outros.

A investigación (realizada por funcionarios adscritos ao Grupo de Estupefacientes da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela) non se dá por conclusa, polo que non se descartan máis detenciones.

Fotos e vídeo: Policía Nacional, Ministerio do Interior.

 

Artigos relacionados

Back to top button