OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a 4 personas, 3 delas en Ourense, por un delito de tráfico de drogas

 

Axentes da Policía Nacional procederon á detención de catro persoas, tres delas residentes en Ourense e inmediacións e un cuarto residente en Santiago de Compostela, que se dedicaban presuntamente á venda de substancias estupefacientes, concretamente cocaína, haxix e marihuana. A finais do ano 2020 Unidades de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense, nos seus labores de prevención, detectaron unha posible situación de venda de substancias estupefacientes nunha rúa próxima á zona vella da cidade; dando conta diso ao Grupo de Estupefacientes.

“Este Grupo de Estupefacientes iniciou no mes de xuño do ano en curso, a investigación en torno ao home do cal as Unidades de Seguridade Cidadá tiveran coñecemento que se podería estar a dedicar á venda de substancias estupefacientes desde a súa vivenda nas inmediacións da zona vella da cidade de Ourense, realizando as vendas ao redor do seu propio domicilio ou desprazándose a outros lugares para as entregas. Despois dunha complicada investigación debido ás medidas de seguridade que os investigados adoptaban, púidose confirmar que o primeiro investigado fornecíase, sobre todo, de cocaína, na cidade de Santiago de Compostela (A Coruña), para logo vender esta substancia desde o seu piso”, segundo informa a Policía Nacional.

Así mesmo, indícase que “esta persoa tiña instalado un sistema de cultivo de plantas de marihuana “indoor”, que utilizaba para vender tanto o produto resultante como as propias plantas unha vez crecidas. Tras detectar que o principal investigado en Ourense ía desprazar a Santiago de Compostela para recoller un novo cargamento de cocaína, o Grupo de Estupefacientes desta Comisaría Provincial de Ourense, montou un dispositivo para a interceptación da devandita compra. Ao seu regreso a esta cidade, e apoiado por Unidades de Seguridade Cidadá e pola UDEV, procedeuse a interceptar ao principal investigado, que foi detido; o cal se desprazaba no coche dun amigo, que era o que conducía, e que tamén resultou detido. No coche no que viñan foilles intervida a cocaína en roca, que portaban no interior dunha riñonera debaixo do asento do copiloto; e un teléfono móbil”.

Unha vez detidos procedeuse a realizar dous rexistros domiciliarios, nos se incautaban 22 plantas de marihuana, 2 básculas de precisión, un ordenador portátil, “unha bolsiña cunha substancia, ao parecer, haxix; unha bolsiña cunha substancia, ao parecer, marihuana; e un caderno de anotacións; localizando tamén o sistema de cultivo “ indoor” de marihuana nun dos domicilios rexistrados”, segundo a Policía Nacional.

Finalizados os rexistros, resultaron detidas outras dúas persoas: unha delas, a parella do principal investigado, xa detido; e a outra, o subministrador da cocaína, en Santiago de Compostela.

Así mesmo resultou outro home, sogro do detido en Santiago de Compostela, como Investigado Non Detido, pola súa presunta colaboración no delito de Tráfico de Drogas.

Os detidos son tres homes e unha muller:

– Un home nado en Ourense, con domicilio en Barbadás, de 39 anos de idade.
– Un home nado na Coruña, con domicilio en Santiago de Compostela (A Coruña), de 26 anos de idade.
– Unha muller nada en Colombia, con domicilio en Ourense, de 40 anos de idade.
– Un home nado en Vigo (Pontevedra), con domicilio en Ourense, de 41 anos de idade.

Os dous primeiros homes e a muller, foron postos en liberdade en Comisaría, unha vez finalizada a súa declaración. O último home, principal investigado, foi posto a disposición xudicial, e enviado a Prisión.

Artigos relacionados

Back to top button