OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a dous homes por un roubo con forza nun bar de Ourense

 

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dous hombres presuntos autores dun roubo con forza nun bar da cidade. O suceso tiña lugar ás 04:05 horas de onte. A Sala do 091 recibía unha chamada na que se comunicaba que saltara a alarma nun local de hostalaría.

Ata o lugar dirixíanse as dotacións da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, que alí vían a persiana do establecemento forzada e o interior revolto. A partir de aí iniciaban unha busca nas inmediacións, localizando a dous homes que, ante a presenza policial, trataban de darse á fuga. Os axentes identificábanos e localizaban entre as súas roupas un obxecto do local forzado, procedendo á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais.

Os detidos son dous mozos, un deles de 20 anos de idade e natural de Vigo, ao que lles constan 18 detencións anteriores. O outro, natural de Marrocos, de 19 anos, cónstanlle 7 detencións anteriores, segundo informa a Policía Nacional. Nesta xornada pasarán a disposición xudicial.

Detido outro home na cidade por un delito de resistencia e desobediencia á autoridade

Por outra banda, o pasado 10 de xuño a Policía Nacional de Ourense detiña a un home presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade, tras recibir varios avisos o 10 de xuño de que unha persoa estaba molestando no interior dunhas galerías dunha céntrica zona da cidade, en primeiro lugar, e despois na rúa.

Os policías requerírono para que abandonase o lugar, alonxándose, pero posteriormente continúa coa mesma actividade noutr bar. Os axentes indicáronlle que abandonase o lugar, pero fixo caso omiso, “motivo polo que procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais”.

O detido é un home de 43 anos de idade, natural de Santander, ao que lle constan 14 detencións anteriores. Pasou á disposición xudicial, quedando en liberdade, segundo informa a Policía Nacional de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button