OurenseÚltima hora

A Policía Nacional entrega mencións honoríficas a vixiantes de seguridade en Ourense

 

Axentes de Policía do Grupo de Seguridade Privada da Comisaría Provincial de Ourense veñen de realizar unha entrega de mencións honoríficas a vixiantes de seguridade nun acto que contaba coa presenza da xefe territorial da Consellería de Política Social en Ourense, María José Fernández Laso; a directora da Residencia da terceira idade Nosa Señora dos Miragres desta cidade, persoal (traballadores) do centro, e o representante da Empresa de Seguridade Mersant Vixilancia, entre outras autoridades.

A Comisaría Provincial de Ourense, a través do Interlocutor Policial Territorial Sanitario, distinguía con mencións honoríficas aos vixiantes de seguridade que prestan servizo na devandita residencia de anciáns, co obxectivo trazado desde a Unidade Central de Seguridade Privada (Policía Nacional) de recoñecer o labor levado a cabo durante a crise do Covid-19 polo persoal de seguridade privada.

No citado centro da terceira idade a crise do Covid-19 tivo un gran impacto e incidencia, cun brote entre os anciáns residentes e os traballadores; sendo acreditada, no desempeño do seu traballo por parte dos vixiantes de seguridade da residencia, unha especial vocación de servizo, entrega e axuda nesas datas críticas, segundo se destaca dende a Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button