OurenseÚltima hora

A Policía Nacional lembra a obrigatoriedade de quedarse en casa nos vindeiros días festivos

Malia celebración do Día do Pai non se permite o desprazamento, nin o traslado a unha segunda residencia. Hai que permanecer no domicilio habitual

 

Mañá, día 19 de marzo, será festivo en Galicia. Pese a esta celebración, a Policía Nacional recórdalle aos cidadáns a obriga de cumprir o establecido no Real Decreto 463/2020 (modificado por el RD 465/2020) polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da crise sanitaria do coronavirus.

A Policía Nacional lémbralle aos cidadáns a obriga de permanecer nos seus domicilios. Non se permite o desprazamento pese a tratarse dunha data tan sinalada como é o Día do Pai e recórdarse que non está permitido o traslado a unha segunda residencia, “hai que permanecer no domicilio habitual. As Forzas e Corpos de Seguridade velarán na rúa para que este tipo de desprazamentos non se leven a cabo”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button