OurenseÚltima hora

A ponte de Conceliñas (Parada de Sil), nun foro sobre patrimonio cultural da obra pública en Madrid

O enxeñeiro Manuel Durán, intervindo no foro./ Foto cedida.

 

O enxeñeiro e profesor ourensán Manuel Durán participaba neste outono no Foro Patrimonio Cultural da Obra Pública, en Madrid. “Nesa intervención fixo unha exposición sobre a situación actual da ponte medieval de Conceliñas en Parada de Sil, destacando as fendas existentes nun dos muros de apoio debido ao agretamento da rocha na que se apoia”, tal e como informa o Concello de Parada de Sil.

Manuel Durán, enxeñeiro especializado en pontes antigas, está a redactar o proxecto de consolidación desta ponte, proxecto que será executado no 2020.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción pola “existencia desta ponte, así como pola idea de facer unha intervención de calado na mesma para evitar o seu derrumbe fose levada a Madrid”.

Artigos relacionados

Back to top button