OurenseÚltima hora

A Ponte Romana de Ourense tínguese de verde para conmemorar o Día Mundial do Farmacéutico

A acción “A farmacia ilumina a cidade” ilumina coa cor representativa do colectivo os monumentos máis significativos de España

 

Con motivo do Día Mundial do Farmacéutico que se conmemora hoxe, a Ponte Romana de Ourense tinguiuse de verde durante a noite.

Trátase dunha iniciativa promovida dende o Consejo General de Colegios Farmacéuticos de España, secundada na provincia de Ourense, polo Colexio Oficial de Farmacéuticos, cuxo obxectivo é poñer en valor o papel clave dos farmacéuticos durante a pandemia.

Deste xeito, a acción A farmacia ilumina a cidade” iluminou de verde (a cor representativa do colectivo) os monumentos máis significativos de España.

Artigos relacionados

Back to top button
Close