OurenseÚltima hora

A Ponte Romana de Ourense tinguirase de morado polo Día Mundial da Enfermidade Inflamatoria Intestinal

Este ano a celebración céntrase na campaña "Traballar con EII", que fai fincapé en como compaxinar unha enfermidade crónica coa actividade laboral

A Ponte Romana de Ourense volverá iluminarse este martes de morado polo Día Mundial das EEI./ Foto cedida.

 

A enfermidade inflamatoria intestinal, que engloba á enfermidade de Crohn e á colite ulcerosa, “é unha patoloxía crónica que afecta a máis de 300.000 persoas en España, estando o 50% dos casos en idades comprendidas entre os 20 e os 39 anos”, tal e como lembran dende Asociación de persoas con Crohn, colite ulcerosa eostomizadas con EII de Ourense (ACCU) no marco da celebración do día mundial desta doenza neste martes 19 de maio.

Este ano o día mundial céntrase na campaña “Traballar con EII”. Nela participan todas as asociacións ACCU de España e fai fincapé en como compaxinar unha enfermidade crónica coa actividade laboral.

Con motivo desta celebración, a Ponte Romana de Ourense iluminarase a iniciativa de ACCU Ourense e en colaboración co Concello para “dar visibilidade ás patoloxías inflamatorias intestinais”, tal e como adiantan dende esta asociación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close