Política

A popular Ana Belén Vázquez será a portavoz da nova comisión do Modelo Policial no Congreso

O novo órgano encargarase de estudar a reforma dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado
A deputada popular ourensá, Ana Belén Vázquez.

A deputada popular ourensá, Ana Belén Vázquez, será a portavoz da comisión do Modelo Policial do Congreso, órgano de nova creación que entre outros labores encargarase de analizar e propoñer a reforma dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. A nova era anunciada polaa secretaria xeral do Partido Popular e ministra de Defensa, María Dores de  Cospedal, durante a reunión do grupo parlamentario popular.

Tal como avanzan dende o PP de Ourense, con carácter non permanente e lexislativo, a comisión do Modelo Policial, aínda non constituída, terá como finalidade “estudar todas as leis que afectan os corpos da Policía Nacional, Garda Civil, policías locais e  vixilancia aduaneira e portuarias, co obxectivo de expor unha reforma do actual deseño policial en España”.

Con este nomeamento, Vázquez centrará o seu labor no Congreso no ámbito policial e de seguridade, xa que na actualidade tamén é portavoz adxunta da comisión mixta de Seguridade Nacional e vogal da comisión de Interior.

Artigos relacionados

Back to top button