PolíticaÚltima hora

A popular Ángeles Vázquez defende o turismo activo na Rúa

 

Nesta tarde e con motivo do inicio de campaña, ademais do mitin do candidato popular Alberto Núñez Feijóo, a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez acudiu á Rúa. “Percorremos A Rúa, acompañados do alcalde, Álvaro Fernández, membros do equipo de goberno e militantes do Partido Popular co fin de analizar proxectos de presente que sexan certezas e tamén de futuro”, explicaba.

Así, defendía que “hai que fortalecer figuras como o do turismo activo, un turismo sostible e hai que poñer en valor, aínda máis se cabe, A Rúa a través da rehabilitación de antigas escolas co fin de atraer poboación e que a vila siga sendo ese lugar de diferenza e un proxecto de vida para os mozos”.

 

 

Pola súa banda, o alcalde da vila, Álvaro Fernández afirmaba que “contamos co apoio dos conselleiros da Xunta de Galicia e vimos falando de varios proxectos que temos en mente e que debido ao Covid-19 víronse un pouco truncados, como por exemplo o tema do catamarán e todo o que é unha zona urbana onde poidamos ter unha zona de recreo máis preto da poboación; ademais do proxecto de desenvolver toda a zona do Aguillón, que é unha zona especial. Imos seguir traballando e a ver se podemos revalidar esa maioría absoluta que seguramente sexa moi boa para o Concello da Rúa”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button