OurenseÚltima hora

A popular “Son libre para correr” espera reunir a 800 persoas en Ourense para conmemorar o 8 de marzo

A proba sairá ás 11 horas da praza Maior cun percorrido de 5 quilómetros

Presentación da carreira en Ourense.

 

A cidade de Ourense celebrará o domingo 8 de marzo o Día da Muller cunha carreira popular polo centro da cidade. Co lema “Son libre para correr”, convida a veciñanza a practicar o deporte non competitivo e reivindicar o papel da muller no eido do deporte.

“Son libre para correr” é un evento deportivo integrador e non competitivo pensado como convocatoria tanto para as persoas ás que lles apaixona correr e facer deporte como para quen se inician ou que nunca pensaron en facelo e queren tentalo. Toma o nome acuñado polo grupo de corredoras do club RunManiak BOX001 “Soy Libre para Correr”, que se materializou ademais na creación dun novo grupo de corredoras e corredores que cada semana se xuntan para facer deporte baixo o nome Ahora corro yo. Este grupo será o que abra a carreira do día 8.

Na primeira edición participaron máis de 600 persoas e a organización márcase como obxectivo chegar a 800 este ano. A carreira está pensada para todos os públicos cun percorrido curto de menos de 1km para persoas de mobilidade reducida, que sairá ás 10:50 horas da praza Maior. A carreira de 5 km, ten un percorrido axeitado a todos os niveis. Sairá ás 11h. da praza Maior e discorrerá por avda. Pontevedra, Desengano, praza de Abastos, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pardo de Cela, Paseo do Barbaña, Portocarreiro, Pura e Dora Vázquez, Carriarico, Burgas, Bailén Colón, 2 de maio, Prieto Nespereira, Praza de San Cósmede, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardenal Cisneros, Fornos, Praza do Ferro, Santo Domingo, Bedoya, Paseo, Lamas Carvajal, ata rematar de novo na praza.

A organización corre a cargo do club deportivo RunManiak Box001e Consello Municipal de Deportes, co apoio de Nissan Roferourense, Colexio de Farmacéuticos de Ourense, CocaCola, RunManiak, Concello de Ourense e Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button