CulturaCulturaÚltima hora

A “Porta máxica do Camiño Inmersivo” abrirase o sábado 28 de setembro na Rúa

A localidade valdeorresa acollerá a segunda xornada deste proxecto cultural enmarcado na promoción do Xacobeo 2021

A “porta máxica do Camiño Inmersivo”.

 

O vindeiro sábado 28 de setembro A Rúa será o escenario do “Camiño Inmersivo”, unha novidosa proposta cultural enmarcada dentro das actividades vencelladas á promoción do vindeiro Xacobeo 2021. A primeira xornada tiña lugar en Verín e na localidade valdeorresa abrirarase por segunda vez a “porta máxica”.

Unha inmersión é una nova forma de vivir a ficción en primeira persoa, mergullándose nunha historia como protagonista da mesma. Trátase dunha experiencia próxima ao teatro, ao cine e á improvisación que neste caso ten o Camiño de Santiago como fío condutor. “A historia na que serán absorbidos como personaxes está guiada por actores profesionais”, explican dende a organización, adiantando que os participantes “coñecerán a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e ao mesmísimo Alfonso II”.

A inmersión estará dividida en tres partes, que terán lugar en diferentes espazos e a diferentes horas durante todo o sábado: “Cabina de contexto” ás 10:30h. na praza do Concello; “Porta máxica” ás 12:30h. na praza da igrexa de NS de Fátima en Fontei; e Portal do tempo, con dous pases: ás 17h. e ás 19h. en localización secreta. As dúas primeiras actividades son gratuítas, cunha duración de aproximadamente 40 minutos. A terceira, a gran inmersión, custa 12 euros por persoa (ou 20 no caso de ir acompañado) e unha duración de dúas horas. As prazas son limitadas e pódense reservar por mensaxe de Facebook a O camiño inmersivo.

Artigos relacionados

Back to top button