Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

A posta en valor da Via Nova, no programa do PP de Rubiá

O candidato popular, Elías Rodríguez, desgranaba os puntos principais do programa no mitin do 18 de maio
O candidato popular á alcaldía de Rubiá, Elías Rodríguez, rodeado por membros da súa lista./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato popular á alcaldía de Rubiá, Elías Rodríguez, rodeado por membros da súa lista./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa presentación, un a un, dos membros que conforman a súa lista, comezaba o candidato do PP á alcaldía de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, o mitin que tiña lugar na tarde do 18 de maio na Casa da Cultura desta localidade. Un equipo ao fronte do cal pretende desenvolver unha serie de proxectos que se reúnen no programa co que concorre a estes comicios electorais.

Entre eles, Elías Rodríguez destacaba na súa intervención o aumento da axuda domiciliara básica financiada polo Concello, a sinalización da ruta alternativa do Camiño de Inverno, a recuperación e posta en valor dun tramo da Via Nova romana, e a realización de actividades monitorizadas ao libre no único parque natural valdeorrés, o da Serra da Enciña da Lastra.

Outras medidas que inclúe no seu programa son o fomento do aluguer de vivendas e rehabilitación dun edificio de seis vivendas, así como a reforma da pista do polideportivo ou un sinal wi-fi e de telefonía nos núcleos que o precisen.

Neste mitin o Elías Rodríguez, que opta á reelección como alcalde de Rubiá, estivo apoiado polo presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, tamén candidato á presidencia da Deputación, presentaba o seu proxecto para a provincia.

Artigos relacionados

Back to top button