SanidadeÚltima hora

A postura da Satse ante o novo programa Conecta 72

Dende o sindicato Satse Ourense vén de facerse público un comunicado relativo á posta en marcha en abril do programa “Conecta 72”, que implica directamente á enfermaría. Para Satse, a Consellería de Sanidade “grazas aos profesionais de Enfermaría implanta un novo programa que vén a aumentar as cargas de traballo tanto aos enfermeiros de Atención Primaria como de Hospital”.

Tamén alude na súa nota de prensa á “premura en poñer en marcha este programa, sen unha adecuada formación previa e adecuación ás xa de por si mermadas plantillas, pon de manifesto o pouco interese da consellería polas enfermeras, iso si, sendo elas pezas clave deste como doutros proxectos”.

Artigos relacionados

Back to top button