EconomíaEconomíaÚltima hora

A praia fluvial de San Clodio, un fermoso lugar para refrescarse e gozar da gastronomía

Dispón tamén dunha cafetería-restaurante, ademais dunha ampla área de esparexemento e deportiva

 

Ás beiras do río Sil, pero adentrándose xa en terras lucenses, pode desfrutarse dun coidado, fermoso e amplo espazo para refrescarse no río Sil. Trátase da praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil), unha zona incluída no Xeoparque Mundial Montañasa do Courel.

Dispón dunha ampla zona de céspede e baño (con area) para tomar o sol ou darse un chapuzón. A isto súmase unha ampla área de esparexemento e deportiva para xogar ao fútbol, baloncesto e ping pong, un parque biosaudable e un parque infantil.

 

 

Conta con área de caravanas, así como coa Cafetería – Restaurante Praia Fluvial de San Clodio e dun punto de información turística. Este establecemento hostaleiro ofrece un menú de fin de semana, con catro primeiros e catro segundos a elixir, xunto con pan, sobremesa, 1 bebida e café por 18 euros (1 euros máis se é en terraza). Outra das súas propostas é o “Menú Xeoparque” con tres primeiros e tres segundos a elixir, máis pan, sobremesa, 1 bebida e café por un importe de 12,50 euros (1 euros máis se é en terraza).

Esta zona recreativa esténdese ao longo de case 2 hectáreas. No verán acostuma reunirse nela moita xente da comarca quiroguesa, pero tamén doutras próximas como Valdeorras e incluso do Bierzo.

O anfiteatro da praia adoita acoller durante o verán diversos actos culturais como concertos ou obras de teatro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
Teléfono 982 105 033
info@praiafluvial.com

Artigos relacionados

Back to top button