ConcellosO BarcoÚltima hora

A praza barquense das Airas, onde xa non se poderá aparcar, estrea mobiliario urbano

 

Dende este 22 de decembro a praza das Airas, en plena zona vella do Barco, ofrece unha imaxe diferente. Este espazo, usado dende hai anos como aparcadoiro, queda dende hoxe libre de vehículos e pasa a ser unha zona de esparexemento para a veciñanza.

A primeira hora desta maña empezaba a instalarse un novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras). A partir de agora os vehículos que antes se aparcaban neste punto deberán facelo no solar próximo (que dá á avenida Manuel Quiroga), cedido por un particular ao Concello para o seu uso como aparcadoiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button