OurenseÚltima hora

A Praza de Abastos de Ourense solicita que se vacine canto antes aos praceiros

En coordinación cos representantes de mercados de toda España vén de remitir sendas cartas á ministra e ao conselleiro de Sanidade

Interior da Praza de Abastos de Ourense. Foto: José Luis Fontenla.

 

Representantes de Prazas de Abastos de toda España, agrupadas na Confederación de Mercados Tradicionais, entre as que está a Nº 1 de Ourense, veñen de solicitar ante o Ministerio de Sanidade e as respectivas Comunidade Autónomas “que non se esquezan dos praceiros na vacinación despois do esforzo que se lle pedíu ao colectivo durante a pandemia”.

Dende a Praza de Abastos de Ourense, o seu presidente e vicepresidente da Confederación de Mercados Tradicionais, Emilio González, quere lembrar o papel fundamental que tivo esta sección durante a pandemia ao crear, por exemplo, un sistema de reparto a domicilio que conseguiu fornecer produtos frescos a todos os ourensáns. “Conseguirmos levar produtos aos veciños repartindo en casas de persoas contaxiadas, en corentena ou que non podían saír por distintos motivos. Ademais durante todo o confinamento os mercados mantiveron os seus horarios de atención ao público e contribuíron a crear mecanismos de protección aos consumidores máis vulnerables ao adecuarse ás súas necesidades. Durante os confinamentos foron considerados servizos esenciais, por iso agora tamén reclaman, que se realice o mesmo esforzo que eles fixeron, para poder vacinalos canto antes”, asegura, facendo estensible a petición, “non só aos mercados se non a todos aqueles que durante este ano de pandemia contribuíron a manter as necesidades básicas cubertas, tendas de barrio, gran distribución…”

A razón para solicitar está prioridade na vacinación para os praceiros “é de sentido común e de interese xeral”, asegura González, facendo fincapé na evidente de que os mercados municipais son visitados diariamente por centos de miles de persoas e aínda que se adoptaron todas as medidas posibles para evitar calquera tipo de contaxio (seguindo escrupulosamente os protocolos anti Covid), “seguimos convivindo diariamente co medo constante e cun risco extremo; lémbrolles que tamén nos Mercados conviven e traballan centos de miles de persoas, e esas centos de miles de persoas tamén teñen centos de miles de familias”. Outra das razóns polas que fan esta petición é a elevada media de idade da clientela que fai as súas compras nos mercados, “o que nos converte, por sentido común, en obxectivo prioritario á hora de previr as peores consecuencias da pandemia”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button