EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Praza de Abastos do Barco, garantía de calidade e bo servizo

Cunha boa relación calidade/prezo, a Praza de Abastos do Barco ofrece unha ampla gama de produtos, especialmente frescos (froitas, verdura, carne, peixe, embutidos, produtos delicatessen…), nun mesmo punto, cunha boa atención e no centro da vila.

Apenas rematado o Nadal, os responsables dos postos da praza fan, en xeral, un balance positivo das compras nas pasadas festas e felicitan o ano aos seus clientes, esperando seguir contando coa súa confianza neste 2019 recén estreado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Unha das entradas á Praza de Abastos do Barco, ao carón da praza do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button