OurenseÚltima hora

A Praza de Abastos nº 1 de Ourense preside a primeira asemblea da Confederación de Mercados Tradicionais de Abastos de España

O seu presidente, Emilio Pedro González, é elixido vicepresidente para a nova xunta directiva y Comité Ejecutivo.

Praza de Abastos Nº1 de Ourense.

 

Este luns 23 de novembro celebrábase telematicamente a primeira asemblea da Confederación de Mercados Tradicionais de Abastos de España, cuxa apertura correu a cargo de Emilio Pedro González (Presidente da Praza de Abastos de Ourense), como presidente da comisión xestora e un dos tres promotores da mesma. No discurso de apertura González sinalou a importancia deste fito no mundo dos mercados “despois de máis de 30 anos tentando sacar este proxecto, por fin conseguímolo”. Tamén quixo homenaxear aos antepasados xa que “grazas a eles e o seu traballo, conseguiron que os mercados cheguen aos nosos días”.

Elixido como vicepresidente da nova xunta directiva, Emilio Pedro asegurou que “a Confederación ten que ser apolítica e o que busque outros intereses ou fins, este non é o seu sitio”, destacando a importancia dos mercados pequenos. “É de xustiza un día como hoxe lembrarse dos pequenos mercados. Existen moitos mercados que teñen 3, 4 ou 5 postos, e nos que os seus Paradistas levántanse todas as mañás coa mesma ilusión que os da Boquería, Madrid, Valencia, Madrid, Triana, Tenerife, Zaragoza, Bilbao e tantos outros”.

 

Emilio Pedro González, vicepresidente segundo da Confederación de Mercados Tradicionais de Abastos de España.

 

Emilio Gonzalez tamén quixo valorar a importancia e representatividade que adquire Ourense e en especial Galicia neste proxecto, ao ser elixido representante grazas ao apoio de compañeiros de galegos.

Despois de case un ano do “Manifesto da Boquería” no que se constituía a Plataforma Mercados Tradicionais de España co obxectivo de constituírse en Confederación coa finalidade de “preservar e defender a identidade dos mercados municipais das nosas cidades e pobos” e tras uns meses desde que o pasado o 23 de xaneiro, na sede da Dirección Xeral de Comercio de Madrid, se aprobaran os estatutos iniciais, nunha enriquecedora reunión coa presenza de máis de 30 representantes de diferentes Mercados de España; “Mercados Tradicionais” xa é unha realidade.

A nova andaina comeza coa representación de mercados de dez Comunidades Autónomas: Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cataluña, Galicia, Madrid, Murcia, País Vasco e Valencia; 120 mercados municipais que supoñen ao redor de 4.200 puntos de venda, que xeran máis de 12.000 postos de traballo directos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close