OurenseÚltima hora

A praza de San Martiño, en Ourense, acolle a clausura de Escolas Abertas 2018

Os 70 formadores de centros galegos do exterior amosaron o aprendido nesta nova edición do programa

O casco antigo de Ourense convertíase na tarde do 23 de xullo, na capital da cultura galega máis internacional coa celebración da gala de clausura das Escolas Abertas 2018, un acto que cada ano “pon en valor a importancia que a cultura galega segue a ter entre o máis de medio millón de galegos que residen fóra das nosas fronteiras”, explican dende a Secretaría Xeral de Emigración. Setenta formadores de disciplinas como son a gaita tradicional galega, o baile, a percusión, o canto popular ou a pandeireta, e a confección de traxe tradicional galego “tomaron” a céntrica praza de San Martiño para exhibir parte dos coñecementos que adquiriron durante as últimas dúas semanas grazas ao intenso programa lectivo desta proposta.

A iniciativa, promovida e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración, pretende axudar aos docentes de entidades galegas do exterior a “actualizar tanto os seu coñecementos técnicos nestas materias como os relacionados coas metodoloxías máis axeitadas para a súa ensinanza”. O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a gala acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Xesús Vázquez Abad.

Artigos relacionados

Back to top button