CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Praza do Sagrado do Barco énchese de “Barullo”

O colectivo cultural presentaba onte o seu novo proxecto e o terceiro número do fanzine

O colectivo cultural Barullo presentaba na tarde-noite de onte, 24 de agosto, o seu novo proxecto, “Barullo Microedicións”, e o terceiro número do fanzine cun micro aberto. Comezaba ás 21:00 horas, aínda con altas temperaturas, e íase facendo de noite a medida que pasaban polo escenario diferentes persoas de tódalas idades.

Ademais, para todo o que quixese mercar os fanzines, tanto o terceiro como as reedicións do primeiro e segundo, ou as edicións do novo proxecto presentado, nun lado da praza atopábase un posto, o cal tivo moito éxito. “Podemos seguir creando cultura en Valdeorras e seguir a ter un medio de comunicación alternativo, independiente e autoxestionado polos nosos creadores”, afirmaban.

 

 

Individualmente, en parella, daba igual, preto dunha vintena de valentes subiron expresarse nunha abarrotada praza. Eva Piay e Jorge Moral, coordinadora e editor, foron os encargados de presentar e despedir este acto. Agradecían a todas as persoas que “malia non ser de Barullo, facedes que isto sexa posible”, e por suposto, aos integrantes, facendo especial fincapé en Isaac Cruz e Roma DoVal, encargado da maquetación e coordinador, respectivamente.

 

A coordinadora, Eva Piay.

 

Así, abría o micro aberto Manuel Fernández coa súa guitarra e polo escenario pasaban nomes como Sabela Prada, Ynaia María, Carlos Vega, que presentou “Os contos dislocados”, ou Andrés Santalla, entre moitos outros. Jorge Moral presentou a súa antoloxía poética “Océanos”, editada en “Barullo Microedicións”, e reivindicou a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, moi presente en todo o micro aberto. Pola súa banda, Eva Piay presentaba “O cabaliño no tempo”.

 

 

Ademais, recordábase que o vindeiro venres 31 de agosto, a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras organiza unha Jam Fest na Praza Lauro Olmo do Barco.

Para todo o que se anime a enviar material, está dispoñible o correo: sentacto@barullo.ga

Texto e fotos: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button