CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A praza Maior de Viana do Bolo énchese de literatura galega e xogos populares

Dende meniños ata maiores. Na praza Maior de Viana do Bolo reuníanse veciños de todas as idades para compartir lecturas en lingua galega na tarde do 17 de maio. Cada un escollía un libro da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, María Victoria Moreno, e lía ante os demais un anaquiño dese volume.

No decurso desta celebración literaria procedíase á entrega dos premios do concurso de microrrelatos (orientado ao alumnado de primaria). Ademais, na mesma praza despregábanse diversos xogos populares, da man de Paporrubio, que facían as delicias dos cativos.

O programa das Letras Galegas promovido polo Concello de Viana do Bolo, que comezaba xa o pasado 5 de maio, seguirá mañá, 18 de maio, coa representación da obra “Leonardo e os fontaneiros”, baseada nun libro de María Victoria Moreno, ás 12:30h. na Casa da Cultura. Ese mesmo día, pero ás 20h., está previsto un Festival das Letras da Asociación Cultural Candea na Casa da Cultura ás 20h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button