En portadaÚltima hora

A presentación do novo disco de Abertal trasládase ao Centro Cultural Avenida

O concerto do XXX aniversario da agrupación de música e baile tradicional será hoxe, 8 de agosto, ás 22:30 horas na Rúa
Abertal nunha actuación no Centro Cultural Avenida./ Foto: Mónica G. Bellver.

Da man de Manuel Durán, fundador e director, nacía en 1989 a escola de música e baile tradicional do concello da Rúa da que se nutre dende entón Abertal, unha agrupación folclórica que este ano cumpre 30 anos de historia.

Ao longo destes seis lustros e con tres discos ás costas, infinidade de actuacións dentro e fóra de España e numerosos recoñecementos, foron moitas as persoas que pasaron pola agrupación, contando actualmente con 120 alumnos; banda de gaitas; grupo de baile; grupo de pandeiretas; grupo de acordeóns; coro; e grupo de cantos de taberna.

O fruto do seu traballo recollíano no disco Abertal gravado en 2001. Anos despois, no 2009, editaban o segundo traballo discográfico titulado No Forum Gigurrorum que inclúe un DVD cun documental conmemorativo do XX aniversario, e este ano publicarán o terceiro, Co noso acento, disco que sairá publicado xunto a un libro de 160 páxinas coa historia e fotos de Abertal, que presentarán hoxe no Centro Cultural Avenida a partir das 22:30h.

Inicialmente estaba previsto que o concerto se celebrara no Aguillón, no antigo campo de fútbol pero dende o Concello anunciaban que finalmente será no Avenida.

 

Artigos relacionados

Back to top button