Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A presentación do servizo de traslado de visitantes ao Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil), en fotos

Mellorar a mobilidade e reducir o impacto ambiental derivado da elevada afluencia de vehículos na contorna dos recursos, especialmente durante os meses de verán. É o obxectivo do novo servizo de traslado de visitantes ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil, que se presentaba onte, 27 de xullo. Esta iniciativa está enmarcada no eixo estratéxico “Transporte Público Sostible do Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra 2020-2023″.

Ao acto acudía o vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza de Turismo, Alfonso Rueda Valenzuela, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián; entre outras autoridades.

Dende este consorcio incídese en que”sabemos que o crecemento non pode ser a calquera prezo, pero tamén hai temores aos efectos que pode xerar o feito de poñer límites”. Por iso, o seu presidente agradecía durante o acto a predisposición do Concello de Parada de Sil “por ser valente nese sentido, e ser o primeiro en sumarse aos novos obxectivos que o Consorcio se fixa tanto con este plan de investimentos como co Pacto pola Paisaxe que tamén está en marcha gracias ao apoio da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda”.

Luis Fernández Guitián aseguraba ademais que esta iniciativa “ten que ser, e vai a ser, o comezo dun novo modelo que pretendemos estender a outros puntos do xeodestino que rexistran unha presión semellante ou que comezan a verse, por momentos, masificados. Para iso estase a traballar agora na tramitación dun plan de mobilidade de carácter global que irá definindo as estratexias máis axeitadas para cada caso concreto”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button