CD BarcoFútbolÚltima hora

A presentación oficial do novo CD Barco será o 3 de agosto en Calabagueiros

Ese día, con Javi Rey á fronte, o equipo barquense comezará unha intensa pretempada na que disputarán ata sete amigables, todos en casa

 

Martes 3 agosto ás 20:30 horas. É a data elixida finalmente polo Centro de Deportes Barco para a presentación oficial do proxecto deportivo do equipo sénior para a nova tempada 2021/2022.

Co técnico ourensán Javi Rey de novo á fronte do corpo técnico, ese será o momento no que den a coñecer aos xogadores que formarán parte do plantel. Algúns ben coñecidos e eixes centrais do equipo como Ivi Vales, David Álvarez ou Rodri Alonso, e outros de nova incorporación como Iago López, Juanma Justo, Adri Díaz, Aitor Arias, Pancho, Juan Barbeito ou Andoni Fernández “Oli”.

O martes será tamén o día en que de comezo unha intensa pretempada que se estenderá ata o mes de setembro, na que o conxunto vermello disputará ata sete amigables, todos en Calabagueiros. Os equipos confirmados, salvo imprevistos, son: Ourense CF (7 de agosto), Arnoia (14 d agosto), Astorga (18 de agosto), Bembibre (25 de agosto), CD Arenteiro (28 de agosto), Ponferradina B (1 de setembro) e UD Ourense (4-5 de setembro).

 

Artigos relacionados

Back to top button