EconomíaEconomíaÚltima hora

A presidenta das empresarias de Ourense, galardoada no X Congreso de Autónomos de Galicia

A avogada Marisol Nóvoa recollía o premio no acto celebrado en Sanxenxo (Pontevedra)
A presidenta das mulleres empresarias de Ourense recollendo o premio.

Dez dos distinguidos no X Congreso de Autónomos de Galicia son mulleres. E unha delas é a ourensá Marisol galardoada pola Asociación de Autónomos e Pequenos Empresarios de Galicia (APE) polo seu labor como autónoma, avogada e presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Ourense (AME).

O acto, celebrado en Sanxenxo, contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e serviu para poñer de manifiesto o recoñecemento de APE ao traballo que realizan “decenas de miles de profesionais e pequenos empresarios á fronte de negocios, na súa maioría familiares”, premiando de forma especial o papel que xogan as mulleres emprendedoras. De feito, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, insistíu no seu recoñecemento á muller autónoma “que prolonga a súa xornada de traballo máis alá das horas estipuladas e debe afrontar dobres dificultades para conciliar”, ao tempo que lembrou a importancia de traballar no relevo interxeracional dos pequenos negocios para garantir a supervivencia dun tecido social xerador de numerosos postos de traballo.

Artigos relacionados

Back to top button