DeportesÚltima hora

A pretempada dos equipos de fútbol ourensáns de terceira división, no Sil Deportivo de agosto

O C.D. Barco xoga esta tarde un amigable contra a S.D. Ponferradina de segunda división en Calabagueiros
Portada de O Sil Deportivo do mes de agosto.

CD Barco, Ourense CF, CD Arenteiro e UD Ourense. Son os catro equipos da provincia de Ourense que competirán unha tempada máis en terceira división.

A campaña 2019/2020 para esta categoría (e tamén para a preferente) arrancará oficialmente o 25 de agosto, pero os clubs comezaban o traballo con máis dun mes de antelación. Para uns arranca unha nova etapa con novo presidente ao fronte como a UD Ourense ou o CD Arenteiro e malia que todos renovaron aos seus adestradores (Manolo Pérez no Barco, Fran Justo no Ourense, Fernando Currás na UDO e Gelucho no Arenteiro), todos reforzaron os planteis con moitas incorporacións novas.

Á pretempada destes catro equipos adicamos o número de agosto de O Sil Deportico, incluíndo unha entrevista co míster do CD Barco, aínda que tamén hai coma sempre información doutras disciplinas, dende atletismo ou natación, ata baloncesto, ciclismo e mesmo xadrez.

En plena preparación, o Barco enfrontarase na tarde de hoxe, 7 de agosto, á Ponferradina (equipo de segunda) no primeiro amigable da pretempada en casa que comezará ás 20h. en Calabagueiros.

Artigos relacionados

Back to top button