SanidadeÚltima hora

A prevención do cancro, na Escola Rural de Saúde da Limia

A través do obradoiro “O cancro e a súa prevención”, en Paradela de Abeleda (A Porqueira)
Milagros Pereira, traballadora social da AECC Ourense,/ Foto: Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.
Milagros Pereira, traballadora social da AECC Ourense,/ Foto: Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.

Milagros Pousada, traballadora social da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense, impartía o 14 de xullo no Centro Social de Paradela de Abeleda (A Porqueira) o obradoiro “o cancro e a súa prevención”. No seu decurso explicaba que actualmente sábese que certos hábitos pouco saudables supoñen un alto factor de risco e poden provocar cancro. “Sete de cada dez cancros poderíanse evitar”, segundo sinalaba.

Participantes no obradoiro, colaboradores e veciños de Paradela e do seu entorno./ Foto: Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.
Participantes no obradoiro, colaboradores e veciños de Paradela e do seu entorno./ Foto: Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.

Este obradoiro ten sido organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, dentro do proxecto Intervención Sociosanitaria e Educación Integral para a Saúde na zona rural, subvencionado pola Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración do Concello de Porqueira e co apoio dos veciños de Paradela e do seu entorno.

Artigos relacionados

Back to top button