A RúaConcellosÚltima hora

A previsión de chuvia obriga a aprazar a paella popular de San Xoán, na Rúa Vella

Publicidade
Asistentes á anterior edición da paella popular da Rúa Vella./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante as condicións climatolóxicas adversas previstas para este xoves 23 de xuño, que non permitirían desenvolver o evento con normalidade (ao aire libre), a Asociación Sabugueiro da Rúa Vella decidía aprazar a paella popular prevista para a noite de San Xoán, no campo de San Roque.

Dende a organización informan de que “todas as persoas que teñen entrada poderán pasar por onde a mercaron para que lle devolvan os cartos”, adiantando que a nova data do evento será anunciada máis adiante.

 

Artigos relacionados

Back to top button