OurenseÚltima hora

A primeira fase das obras do CHUO rematará en setembro

Así o anunciou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez

Durante a visita.

 

Setembro será a data de remate da primeira fase das obras do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO). Así o anunciaba nesta mañá de 30 de agosto a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez durante a súa visita ao complexo.

 

 

Así, nesta visita tamén estivo presente o xerente da EOXI de Ourense, Félix Rubial. Destacouse, sobre todo, que as actuacións permitirán a disposición dun carril de uso exclusivo de emerxencias. Ademais, habilitaranse prazas reservadas para vehículos autorizados, evitando así o estacionamento incontrolado.

Máis información: https://osil.info/cambios-na-circulacion-e-accesos-ao-chuo-debido-as-obras/

Artigos relacionados

Back to top button