ConcellosQuirogaÚltima hora

A primeira Feira do Viño de Quiroga con adegas industriais, en abril

Así o vén de decidir a comisión organizadora da mostra durante unha reunión

Botellas de viños participantes en edición anteriores da Feira do Viño de Quiroga./ Cedida.

 

Séguense dando pasos na organización da XL Feira do Viño de Quiroga. A data xa está marcad. Así, se todo vai ben, celebrarase como sempre en Semana Santa, o 16 e 17 de abril.
Ademais a organización mantén a idea de que, por primeira vez, acudan á feira adegueiros profesionais. Esta decisión foi tomada xa no ano 2019 pero, a pandemia sanitaria que impediu que se levara a cabo esta festa, fixo que aínda non se puidese materializar.

Esta decisión quedou plasmada na xuntanza da comisión organizadora do evento, que xa comezou a poñerse en contacto con todas as adegas da subzona Quiroga – Bibei que forma parte da Denominación Ribeira Sacra. Algunhas das adegas xa confirmaron a súa presenza na festa de exaltación dun dos produtos máis importantes do noso municipio.

“É o momento de poñer en valor esta subzona”, di o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, “posto que produce case o 50% de todo o viño da Denominación de Orixe, tendo o maior número de hectáreas adicado a este cultivo, (soamente Quiroga, en datos do consello regulador do ano 2020, ten 238’45 hectáreas de viñedo)”.

A comisión organizadora da Feira do Viño de Quiroga ten por diante máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscricións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar as innumerables actividades que van aparelladas a unha festa tan importante para Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button