ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A primeira saída dos nenos dende o confinamento, no Barco de Valdeorras

 

Por fin chegaba o día. Tras seis semanas encerrados nas súas casas polo estado de alarma decretado polo Goberno central, os menores de 14 anos teñen dende este domingo 26 de abril, permiso para saír de casa a dar un paseo dunha hora acompañados por un adulto. E a paisaxe das rúas en Valdeorras vai mudando paseniñamente.

 

Moitos nenos levan patinete ou bicicleta para pasear.

 

Pola mañá as saídas foron reducidas, ata tímidas, pero pola tarde eran xa moitos os pais que saían da casa cos cativos para desfrutar do domingo en lugares como o Paseo do Malecón. Moitos levan os seus propios xoguetes e saben que non lles está permitido compartilos, pero polo menos puideron airearse. Iso si, respectando a distancia social.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/os-menores-de-14-anos-saen-a-rua-despois-de-43-dias-de-confinamento/

Artigos relacionados

Back to top button