En portadaÚltima hora

A primeira vendima da tempada, un ano máis en Pedrazais (A Rúa)

Manichy recollía as uvas das súas parras de albillo o 24 de agosto

Vendimando as parras en Pedrazais, A Rúa.

 

Un ano máis Manichy marca o inicio da tempada de vendimas en Valdeorras. Con máis de dúas semanas de retraso con respecto ao ano pasado, na xornada do 24 de agosto este veciñon da Rúa recollía as uvas das súas parras de albillo na zona de Pedrazais. Tal como el mesmo explica, trátase dunha variedade branca que madura moi cedo e os paxaros e insectos que prean nela indican o momento de recollela.

Con respecto á cantidade, este ano recollían oito centos, fronte aos seis do ano pasado e segundo as previsións do propio Manichy a vendima comezará en Valdeorras nunhas dúas semanas “aínda que hai xente que empezará o día 1”, puntualiza.

 

Manichy poñendo as uvas na estrulladora.

 

Labores de vendima dentro da adega.

 

Uvas da variedade albillo.

Artigos relacionados

Back to top button