EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A primeira vendima de Valdeorras, na Rúa

Manichy recollía as uvas das súas parras de albillo en Pedrazais o 27 de agosto

Mantén a súa vendima temperá, a primeira da comarca de Valdeorras, pero con varias novidades con respecto ao pasado ano. Manichy recollía as uvas das súas parras de albillo en Pedrazais (A Rúa) o 27 de agosto, máis tarde que no 2017. “É unha variedade branca que madura moi cedo. A recollida retrasouse 26 días con respecto ao ano pasado, no que vendimamos o 1 de agosto”, comenta Manichy.

E ademais a produción deste ano diminuía nun 40% con respecto á coa pasada vendima. “O ano pasado recollín sete cestos e desta volta foron tan só 4 cestos, pero a calidade vén sendo a mesma”.

Tendo en conta a súa vendima desta uva temperá, calcula que “o posible inicio da vendima en Valdeorras podería ser entre o 10 e o 15 de setembro”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button