En portada

A primeira vendima galega, na Rúa

Un viticultor da zona de Pedrazais recollía as súas uvas o 8 de agosto
Manichy cos cestos de albillo.
Manichy cos cestos de albillo.

Acostuma ser un dos primeiros en vendimar, pero este ano adiantaba case en quince días a recollida da colleita con respecto a outras tempadas. Así o 8 de agosto Manichy, veciño da Rúa, recollía as uvas de cepas que ten en parras da variedade albillo (non amparada pola Denominación de Orixe Valdeorras) e que están situadas na zona de Pedrazais. Convertíase así nunha das primeiras vendimas galegas. “É unha variedade branca que sempre madura moi pronto. Outros anos viñamos vendimando en torno ao 24 de agosto, pero esta vez foi xa a primeiros deste mes, veu anticipado entre dúas e tres semanas”, explica Manichy.

Pisado das uvas nesta vendima ruesa.
Pisado das uvas nesta vendima ruesa.

Malia que se trata dunha pequena cantidade, tamén comenta que desta volta incrementouse a produción. “Recollemos seis cestos e pico e o ano pasado foron cinco”.

Artigos relacionados

Back to top button