A RúaConcellosÚltima hora

A primeira vendima, novamente en Pedrazais (A Rúa)

Manichy vén de recoller as uvas das súas parras de albillo neste 13 de agosto, once días antes que no pasado ano

O rues Manichy nesta vendima.

 

Cada ano convértese na vendima máis temperá de Valdeorras, e mesmo podería dicirse que de Galicia. Neste 13 de agosto, e once días antes que no 2019, Manichy Trincado vén de recoller a súa colleita de uva de albillo das súas parras na zona de Pedrazais (A Rúa).

 

 

Esta varidade de uva branca caracterízase por madurar moi cedo e mesmo nesta ocasión a intención era ter feito a vendima hai xa dous días. “Houberamos vendimado antes, pero vimos que había previsión de tormenta e decidimos non arriscar”, comenta este veciño da Rúa que, como en anos anteriores, contaba coa axuda do seu amigo “Chimpún”.

 

 

En canto á cantidade recollida, “este ano houbo un 30% menos que no 2019, que foi no que máis recollemos. Agora había dous cestos e medio, pero a uva non estaba tan sana como a do ano pasado”, comenta Manichy.

O inicio oficil da vendima en Valdeorras prevese para finais de agosto co que, novamente, Manichy adiántase un par de semanas o inicio xeral da campaña nesta comarca.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close